Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo, Arteixo e A Laracha presentan as novas...

SEGURIDADE VIARIA

Carballo, Arteixo e A Laracha presentan as novas rutas do Noitebús

Xoves 5 de xuño do 2008

Ambos os tres representantes políticos destacaron durante a súa comparecencia pública, que tivo lugar no Concello da Laracha, a importancia do convenio asinado entre os tres Concellos para potenciar o servizo do Noitebús. Esta colaboración permite abaratar custes para os tres Gobernos Locais, xa que asumen equitatiamente a parte do orzamento non subvencionable pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes (CPTOPT) da Xunta de Galicia para o mantemento do servizo.

O Goberno Local de Carballo continúa a apostar forte polo proxecto do Noitebús, que está activo desde hai nove meses e cuxa finalidade é a de incrementar a seguridade viaria e reducir a sinistralidade de tráfico nas noites das fins de semana. O éxito desta iniciativa queda patente coas estatísticas feitas públicas hoxe durante a rolda de prensa que aseguran que máis de 9.000 usuarios e usuarias empregaron este novidoso servizo desde a súa posta en funcionamento.

As dúas liñas presetantadas hoxe súmanse á circular Malpica-Carballo que entrou en funcionamento a mediados do pasado mes de maio. As persoas interesadas en coñecer polo miúdo as novas rutas e horarios do Noitebús, poden facelo descargando os documentos que se adxuntan nesta nova.

Compartir: