Inicio Carballo ao día Hemeroteca Máis de 200 persoas participaron na...

O CONCELLO DARALLE CONTINUIDADE Á INICIATIVA E PLANTÉXASE EXTENDELA A MÁIS PARROQUIAS O VINDEIRO CURSO

Máis de 200 persoas participaron na clausura do programa de 'Exercicio Físico para maiores'

Luns 9 de xuño do 2008

O Concello de Carballo amosou a súa satisfacción pola gran acollida que tivo esta iniciativa entre a cidadanía ao longo de todo o ano e que se extendeu tamén ata o acto de clausura. No mesmo, que se celebrou este ano por vez primeira, participaron máis de 200 persoas que asistiron ás clases durante o curso e realizaron unha demostración da forma física acadaba gracias a un programa deseñado especificamente para mellorar a capacidade física xeral a través de exercicios de intensidade baixa e media que teñen un baixo impacto oseoarticular.

A clausura tivo lugar no pavillón de Bergantiños entre as 17.00 e as 20.00 horas e á mesma asistiron os Concelleiros de Deportes, Marcos Trigo, e de Terceira Idade, Lourdes Rey; así coma o Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero. Tras a exhibición, todos os asistentes compartiron unha merenda e o Goberno Local fixo entrega de agasallos entre todas as persoas que participaron no programa 'Exercicio Físico para mairores', que terá continuidade en vindeiros anos e tentará ampliarse a máis parroquias.

Durante o curso 2007-2008, participaron nesta actividade un total de 300 persoas con idades superiores aos 60 anos -requisito para poder apuntarse ao programa-. 188 destes participantes proceden do casco urbano de Carballo e 110 das parroquias de Sofán, Cances, Noicela, Rus, Razo, Berdillo.

Compartir: