Inicio Carballo ao día Hemeroteca Centos de veciños e veciñas de...

O DEPORTE UNIU A XÓVENES E MAIORES

Centos de veciños e veciñas de Carballo participaron na Festa do Deporte

Luns 9 de xuño do 2008

En concreto, as especialidades deportivas das que puideron gozar os veciños e veciñas de Carballo foron as seguintes: balonmán, baloncesto, actividades de patín, voleibol, xadrez, fútbol, bádminton, actividades acuáticas e ciclismo. Para desenvolver as propostas que se ofertaron neste día de exaltación do deporte como un hábito de vida saudale utilizáronse un total de 10 instalacións deportivas.

O Concelleiro de Deportes do Concello de Carballo, Marcos Trigo, expresou a súa satisfacción por cómo se desenvolveu a xornada e agradeceu á cidadanía o carácter participativo que demostrou acudindo á convocatoria. Esta iniciativa partiu da Dirección Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e da Fundación Deporte Galego e foi organizada por cada un dos Concellos que decidiu adherirse ao Día do Deporte.

Compartir: