INFRAESTRUTURAS E SERVIZOS BÁSICOS
Principiaron as obras para completar a rede de saneamento en Añón
Martes 10 de xuño do 2008
O investimento total na segunda fase deste proxecto ascende ata os 75.200 euros, cantidade coa que se instalarán 1.600 metros lineais de canalización e unha depuradora. O Concelleiro de Obras e Servizos do Concello de Carballo, Lois Lamas, recorda que esta obra súmase a outras xa executadas durante a actual lexislatura para dotar de servizos e infraestruturas básicas a todos os veciños e veciñas do municipio.
E recorda que "é unha das prioridades deste Goberno Local" que as persoas que residen no ámbito rural poidan gozar dos mesmos servizos e infraestruturas que as que habitan no casco urbano. Neste sentido, avanzou que o Concello seguirá a adicar recursos propios e outros procedentes doutras administracións para acadar este obxectivo.