PLAN DE OBRAS E SERVIZOS DA DEPUTACIÓN
O Concello adxudica a 2ª fase da obra de dotación de beirarrúas en Ardaña
Mércores 11 de xuño do 2008
Esta obra está incluída no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de competencia municipal e da rede viaria local -coñecido como POS- da Deputación provincial correspondente ao presente ano 2008.
O contratista da obra deberá depositar unha fianza de 5.906 euros (o 4% do importe da adxudicación) no prazo máximo de 15 días naturais contados a partir da recepción da notificación do presente acordo. Así mesmo, no prazo máximo dun mes deberá formalizar o contrato correspondente á obra e presentar o Plan de Seguridade e Saúde no Traballo no que se desenvolvan e completen as previsións contidas no estudo básico de seguridade e saúde.