Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello convoca aos placeiros o día 8...

A REUNIÓN SERÁ ÁS 20.30 HORAS

O Concello convoca aos placeiros o día 8 de xullo para tratar o financiamento do novo mercado

Xoves 12 de xuño do 2008

O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, recorda que o novo mercado custará máis de 6 de millóns de euros, sin incluír o IVE. E engade que a este gasto debe sumarse o custe do mercado provisional (que estará activo mentras duren as obras do novo edificio), que será de 1,3 millóns de euros.

Ante o ambicioso proxecto que se pretende acometer para renovar esta infraestrutura, o Goberno Local carballés pretende pulsar a opinión dos propietarios das concesións do mercado, a maioría das cales rematan no ano 2020.

Antes da xuntanza cos placeiros/as, que terá lugar o 8 de xullo ás 20.30 horas no Concello, o Goberno Local manterá unha xuntanza cós portavoces dos Grupos Municipais para abordar tamén as posibilidades de financiamento do novo mercado.

Compartir: