Inicio Carballo ao día Hemeroteca Roberto Barbeito inaugurou as festas do San...

CARBALLO ENTRA NA SÚA SEMANA GRANDE

Roberto Barbeito inaugurou as festas do San Xoán coa lectura do pregón

Xoves 19 de xuño do 2008

Pero antes de poder escoitar as verbas de Roberto Barbeito, a Banda Municipal de Música entreterá aos veciños e veciñas que se congreguen na Praza do Concello coa interpretación de varias pezas tradicionais. Con este acto principiarán as celebracións patronais, aínda que o programa vencellado aos festexos do presente ano 2008 engloba máis actividades, posto que xa arrincou o 31 de maio coa actividade 'Xogar na Rúa' e pecharse o día 29 de xuño coa 'Festa do Bosque'.

Mañá -20 de xuño-, a actividade festiva centrarase no tramo nocturno coa celebración do concerto Rockin, no que participarán as bandas Las Membranas, Los Coronas, The Trashmen, Neanderthals e Dirtbombs. O sábado, o plato forte do programa será o sempre concurrido Gran Prix de Carrilanas. O Concurso de Cachelas será o luns e o descenso do Anllóns, o mércores.

As persoas interesadas en coñecer polo miúdo o programa das Festas de San Xoán 2008 poden clicar aquí.

Compartir: