PROTECCIÓN CIVIL
Doce traballadores incorpóranse ao Grupo Municipal de Intervención Rápida
Venres 20 de xuño do 2008
O responsable do servizo municipal de Protección Civil, Javier Souto Facal, explica que esta agrupación colabora cos Bombeiros, coa Policía Local, ou coas Brigadas Contraincendios axudando a coordinar calquera situación de perigo.
O servizo está operativo as 24 horas do día e conta con dous teléfonos de contacto: 981 75 72 75 e 112. Esta ampliación na plantilla prodúcese grazas a unha subvención da Consellería de Traballo. Nestes intres, o Grumir está despexando a marxe do río Anllóns para que poida celebrarse o tradicional Descenso o próximo mércores 25 de xuño dentro do programa do San Xoán.
Por outra banda, hoxe -20 de xuño- asinouse o contrato para a elaboración do Plan de Emerxencias Municipal (PEMU). Trátase dun documento que constitúe un conxunto de normas e procedementos de resposta da Administración local fronte a calquera situación de emerxencia. O traballo foi adxudicado á consultoría Natutecnia por 18.200 euros e o prazo de execución dos traballos é de catro meses.