CONVENIO MUSICAL
O Concello entregará un total de 18.400 euros ás agrupacións musicais do municipio
Venres 20 de xuño do 2008
A sinatura do convenio tivo lugar no Pazo da Cultura e un total de 29 agrupacións musicais, na súa maior parte pertencentes a asociacións culturais, beneficiaranse das axudas municipais. Entre as mesmas, hay catro grupos de danza tradicional, doce de gaiteiros e cantareiras, sete corais e seis orquestras ou conxuntos.
O Concello comprométese a aboar ás agrupacións asinantes o importe das actuacións, conforme ás que sexan realizadas, e dacordo coas seguintes cantidades: grupos de musica e danza tradicional (340 euros) grupos de gaitas e cantareiras (250 euros), masas corais (400 euros), e orquestras, conxuntos e bandas de musica (340 euros)