DEPORTES ACUÁTICOS
Carballo acolle o Campionato de España Alevín, Infantil e Cadete de Salvamento e Socorrismo
Luns 23 de xuño do 2008
O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; o Concelleiro de Deportes, Marcos Trigo; a Presidenta da Federación Galega de Salvamento e Socorrismo (FGSS), Nuria Rodríguez; e o Director técnico da FGSS, Sergio Quintela, presentaron hoxe -23 de xuño- este certame que se desenvolverá en dúas fases.
A primeira celebrarase en augas pechadas na piscina Carballo Calero da Zona Escolar Bergantiños de Carballo e a segunda en augas abertas. Neste caso, a competición desenvolverase os días 28 e 29 de xuño na praia de Laxe. A organización adoptou esta decisión con motivo da perigosidade que supón celebrar esta proba nas augas de Razo.
A organización destacou que hai participantes da zona con posibilidades de obter medallas, como os do club de Salvamento e Socorrismo Carballo (Sysca). Ademais, Nuria Rodríguez quixo agradecer ao Concello a posibilidade de celebrar este Campionato, que supón "un éxito para o deporte de base", segundo subliñou.
Pola súa banda o Alcalde, Evencio Ferrero, resaltou que esta cita é una "mostra do compromiso do Concello co deporte" e valorou as consecuencias económicas positivas que teñen estos eventos para o sector da hostalería.
Consulta na axenda do 26 e 27 o programa previsto.