XUNTA DE GOBERNO LOCAL
O Concello aproba a adxudicación das obras para dotar de redes de saneamento a Oza e Cernide
Luns 23 de xuño do 2008
A obra para dotar da rede de sanemento ao lugar de Cernide foi contratada por un importe total de preto de 31.000 euros e ten un prazo de execución de catro meses. Os traballos consistirán na instalación de 600 metros lineais de colectores.
No caso de Oza, aprobouse a contratación das obras para executar a segunda fase do proxecto de saneamento para esa parroquia. Neste caso, procederase á instalación dunha depuradora de 400 metros lineais de canalización. A adxudicación realizouse por un importe próximo aos 51.000 euros. O prazo de execución é de seis meses.
Con esta actuación, o Goberno Local da cidade bergantiñán continúa a desenvolver o seu ambicioso proxecto de extender por todo o territorio municipal este servizo básico. A intención do Concello é que ao remate do vixente mandato poidan dispoñer desta infraestrutura a meirande parte dos máis de 300 núcleos de poboación que integran o municipio bergantiñán.