Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo contará con dous puntos dixitais...

NOVAS TECNOLOXÍAS

Carballo contará con dous puntos dixitais de información pública

Xoves 26 de xuño do 2008

O goberno local adxudicou o pasado luns -23 de xuño- o contrato de 'Concesión de uso preventivo de dominio público para a exposición de publicidade gráfica'. Por este acordo unha empresa instalará estas dúas pantallas (ou LEDs) nunha das paredes da Ludoteca municipal -na rúa Coruña- e noutra das do edificio do Casino -na rúa Vázquez de Parga.

Este convenio concede o permiso para a implantación destes puntos de información para o seu emprego publicitario a cambio dun canon anual e de que o Concello tamén poida usar estas pantallas para ofrecer información de carácter municipal.

Con esta medida o goberno local espera seguir avanzando na implantación das novas tecnoloxías no municipio e no achegamento das plataformas dixitais aos cidadáns.

Compartir: