Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aprobado o proxecto para a mellora do campo de...

DEPORTES

Aprobado o proxecto para a mellora do campo de fútbol anexo das Eiroas

Venres 27 de xuño do 2008

Ademais de para a dotación dun novo manto de céspede artificial, os traballos servirán para a instalación de novas redes de rego e pluviais, así como de canalizacións de saneamento. O proxecto tamén inclúe a adquisición de novo equipamento para o anexo das Eiroas, que actualmente ten unha superficie de terra. Dos 400.000 euros que custa o proxecto, a Deputación aporta arredor de 340.000 euros -o que supón un 85 por cento do total-, mentres que o Concello de Carballo contribuirá co 15 por cento restante -preto de 60.000 euros.

Por outra banda, o Boletín Oficial da Provincia (BOP), publicou o pasado mércores o anuncio para a licitación con procedemento aberto para a contratación da obra do módulo de vestiarios, peche e muros de contención do campo anexo das Eiroas. O presuposto base de licitación ronda os 188.000 euros. Para máis información, consultar o anuncio no BOP.

Con estas dúas actuacións, a inversión total para estas instalacións rondará os 600.000 euros. O goberno local espera que estas melloras contribúan á creación dunha auténtica cidade deportiva en torno ao complexo das Eiroas, coa dotación de dous campos de fútbol perfectamente equipados.

Compartir: