Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Festa do Bosque pon o punto e final ao programa...

REMATE DOS FESTEXOS

A Festa do Bosque pon o punto e final ao programa do San Xoán

Venres 27 de xuño do 2008

O programa abrirase ás doce da mañá, cando xa empezan a chegar os veciños, para continuar ás 14.00 horas coa sesión vermú, a cargo de Melao Caribeño. Xa despois da comida, ás 16.30 horas celebrarase o Concurso de Postres. Para ir animando a sobremesa, está prevista a actuación do Grupo de gaitas Fol de veneno, mentres que xa á media tarde, ás 18.30 horas, está programada a celebración da 120 edición do Campionato Mundial de baixada de augas doces de barcos de papel.

Xa máis cara a tardiña, Leo Toral amenizará aos presentes a partires das 19.00 horas, mentres que ás 20.00 horas está previsto o Concurso de Little Bands. Pola noite, e como en anos anteriores, os Dj’s animarán o peche definitivo das festas patronais de Carballo e dun programa de festexos de máis dun mes de duración. Os interesados en consultar máis polo miúdo este programa, que toca á súa fin, poden facelo aquí.

Compartir: