COMITÉ DE IRMANAMENTO
Unha delegación do Concello de Carballo viaxa ata a vila francesa de L’Isle Jourdain
Luns 30 de xuño do 2008
Durante a súa estancia en L’Isle Jourdain, esta delegación realizará varios percorridos por diferentes lugares e cidades de interese da Gascuña tolosana, rexión na que se asenta a vila. Así, de camiño a Toulousse poderán pasar por diante da rúa Carballo -lembranza da irmandande co Concello carballés- ou realizar varios actos de confraternidade en Carcassonne. Así mesmo, hai previstas varias comidas ao aire libre nos fermosos enclaves naturais situados nas inmediacións de L’Isle Jourdain.
O sábado -5 de xullo- será tamén o acto de inauguración da Praza do Mercado da vila francesa, e incluirase unha visita ao Museo Campanaire, un dos principais atractivos da localidade. A chegada de volta a Carballo está prevista para o domingo 6 de xullo.
Dende 1994 cada ano organízanse actos culturais ou intercambios escolares grazas aos que xurden novos lazos de amizade entre o Concello carballés e L’Isle Jourdain. Para obter máis información sobre esta relación, premer aquí.