PROXECTOS
Avanzan os trámites para a mellora da travesía de Malpica da capital carballesa
Martes 1 de xullo do 2008
Este proxecto contará cun presuposto superior a 1,1 millóns de euros e estará cofinanciado pola Consellería de Política Territorial e o Concello carballés. En todo caso, será o organismo autonómico o que asuma os custos de realización do proxecto previo e a contratación da obra. A mellora da travesía de Malpica implica a dotación dunha rede de pluviais e de residuais así como de saneamentos, ademais dunha nova iluminación, unha capa de aglomerado e a creación de beirarrúas.
A xuntanza, na que tamén estiveron presentes técnicos da delegación, serviu así mesmo para falar da travesía de Bértoa, dos accesos ao polígono industrial ou da área metropolitana. No primeiro caso, o Concello remitirá en breve o anteproxecto da travesía de Bértoa para que sexa avaliado pola Consellería de Política Territorial.