PRAIAS
Razo e Baldaio contan este verán cun servizo de recollida selectiva
Mércores 2 de xullo do 2008
Segundo informa o Concelleiro de Praias, Benedito Viña, coa implantación deste servizo e coa consecución do distintivo da Bandeira Azul para as praias de Razo e Pedra do Sal, os areais carballeses poderán dispoñer de máis infraestruturas e están mellor equipados. De feito, no caso de Pedra do Sal este ano haberá sanitarios públicos e adaptados para minusválidos situados na caseta dos socorristas.
Por outra banda, está prevista a ampliación dos aparcadoiros no areal de Baldaio, onde se está habilitando un espazo que permitirá acoller arredor de cen vehículos. Ao longo desta semana colocaranse os sinais indicativos de aparcadoiro público. No caso do areal de Razo, o espazo existente aumentará para acoller arredor de 20 vehículos máis.
Con estas medidas, Viña explica que o Concello de Carballo aposta pola calidade das augas para o baño e pola mellora da limpeza dos areais, así como polo reforzo da seguridade e pola implantación de novos servizos coma a reciclaxe.