VICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR
Carballo solicita a inclusión da escola infantil As Landras na rede de Galescolas
Mércores 2 de xullo do 2008
Na actualidade, a concesión que regula a xestión da escola infantil remata o próximo mes de agosto, e a empresa que se fai cargo do servizo non desexa prorrogala ao non considerala rendible. Por este motivo, o Concello considera que unha boa saída sería a inclusión da escola infantil no Consorcio Galego da Igualdade e do Benestar, que se faría cargo directamente do servizo.
O Alcalde, Evencio Ferrero, engade que deste xeito se reducirían os gastos que afronta o Concello para o mantemento das Landras -neste momento o 60 por cento do total-, xa que a maioría dos custos correrían a cargo do Consorcio. Así mesmo, melloraría o servizo para os veciños, xa que se ampliarían e homologarían os horarios e os traballadores gozarían de mellores condicións económicas. Nestes momentos, Vicepresidencia xa ten o expediente correspondente con todos os datos da concesión, así como co inventario de bens. O rexedor espera que a Xunta realice o informe sobre esta petición o antes posible.
Por outra banda, a xuntanza tamén serviu para notificarlle a Anxo Quintana que o Concello xa conta coa disponibilidade dos terreos para construír unha nova Galescola no entorno da estrada de Razo. Evencio Ferrero solicitoulle que se axilicen o máis posible os trámites correspondentes. Para máis información sobre este proxecto, premer aquí.