TRÁFICO
Carballo somete a información pública a ampliación da zona azul no casco urbano
Xoves 3 de xullo do 2008
O expediente estará exposto durante 30 días, nos que os interesados poderán presentar alegacións, reclamacións ou suxerencias. En caso de non producirse ningunha, a implantación desta regulación quedará aprobada de xeito definitivo. De ser así, o casco urbano carballés contaría xa con máis de 400 prazas de aparcamento de zona azul que se foron creando dende o ano 2002.
Os novos aparcadoiros situaranse en áreas como a antiga estación de autobuses, a zona da rúa Estrela, as rúas Fomento ou Ponte ou no entorno da igrexa parroquial. En total, o casco urbano carballés terá capacidade para acoller, de maneira rotatoria, a preto de tres mil vehículos. Os interesados en obter información máis polo miúdo pode consultar o anuncio no BOP.