Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aprobados varios proxectos de saneamentos e de...

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Aprobados varios proxectos de saneamentos e de melloras de camiños por máis de 850.000 euros

Luns 7 de xullo do 2008

O primeiro deles é o de ‘Depuradora en Cabana-Liñeiro, parroquia de Cances’. A empresa Aquagest será a encargada de desenvolver os traballos cun orzamento de 31.076 euros e un prazo de execución de 90 días. En segundo lugar, Construccións Fermín Simal abordará a ‘Rede de saneamento en Cances, parroquia de Cances’, por 31.800 euros; o prazo de execución é de 60 días. A obra de ‘Camiño de Muíño de Barbalde a Altivoa’ costará 43.275 euros e será executada en 28 días por Eulogio Viñal Obras y Construcciones. A ‘Rede de saneamento nas parroquias de Berdillo e Sofán’ será executada por Construcciones Ramón Vázquez y Reino por 27.492 euros; o prazo de execución é de 30 días. Esta mesma empresa afrontará a ‘Rede de saneamento no Pereiro, parroquia de Sofán’, por 37.120 euros e cun prazo de execución de 30 días.

En sexto lugar, Aquagest realizará a obra da ‘Depuradora de Zarrallo, parroquia de Sofán’; será por 55.393 euros e cun prazo de execución de 90 días. A ‘Rede de saneamento en Vilar do Carballo, parroquia de Oza’ costará 75.400 euros e terá un prazo de execución de seis meses. E por último, os traballos de ‘Rexeneración do camiño de acceso ao campo de fútbol de Cances’ serán executados por Obras y Viales de Galicia por 55.420 euros. O prazo de execución é de dous meses.

Por outra banda, aprobouse a adxudicación da obra para a ‘Instalación de enerxía solar térmica e reforma da produción de ACS da piscina municipal de Carballo’, cun orzamento de 142.407 euros. A empresa que realizará os traballos é CLECE SA. O obxectivo e reducir o consumo enerxético das instalacións.

Compartir: