OBRAS
Iniciados os traballos de prolongación da rúa Carballo Calero da capital carballesa
Mércores 9 de xullo do 2008
Con este proxecto, o goberno espera dar saída ao entorno da zona escolar Bergantiños -no que se sitúan unha das dúas piscinas cubertas municipais e un dos tres pavillóns polideportivos do Concello-. Así, a nova vía abrirase nun dos seus extremos cara á estrada de Malpica, mentres que no outro estará orientada cara a Ponte da Pedra a través da rúa Álvaro Cunqueiro.
Con esta actuación o Concello pretende facilitar a circulación de vehículos, xa que é unha área cunha elevada intensidade de tráfico debido, en grande parte, á actividade que xeran as instalacións deportivas alí emprazadas. Ademais, trátase dun barrio cun elevado número de vivendas e que ten medrado moito nos últimos anos.