Inicio Carballo ao día Hemeroteca Continúan os traballos para a...

PRAIAS

Continúan os traballos para a reposición dos taludes no areal de Razo

Xoves 10 de xullo do 2008

A Concellería de Praias do Concello de Carballo informa, así mesmo, de que mentres duren as obras deberá baixarse a Bandeira Azul que dende primeiros de xullo ondea no areal. O motivo é que a normativa deste distintivo esixe que sexa retirada mentres estean desenvolvéndose traballos nas praias nas que ondea. En todo caso, a distinción mantén a súa vixencia e o areal conta cos mesmos servizos que motivaron a concesión da bandeira. A ONG Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor premia a calidade das augas, a calidade dos servizos, a xestión ambiental, a seguridade e, en xeral, as instalacións das que dispón a praia.

Por outra banda, estes días estase colocando a sinalización dos novos aparcadoiros para a praia de Baldaio, que contará con cen novas prazas para vehículos. O párking de Razo tamén será ampliado nunhas 20 prazas.

Compartir: