Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo convértese durante tres...

'TRABALLANDO EN LINGUA'

Carballo convértese durante tres días nun dos eixos das actividades da Universidade da Coruña

Martes 15 de xullo do 2008

Tamén acudiu o delegado provincial da Consellería de Industria e Innovación, José Luís Barcia, quen foi o encargado de abrir o curso cunha intervención na que resaltou que "a incorporación do galego á sociedade da información é imprescindible" en Galicia, xa que pode influír na creación dunha "imaxe de prestixio" que axude á incorporación do idioma en espazos nos que agora non ten cabida. O delegado subliñou a grande demanda de contidos en galego que existe na Rede e fixo fincapé na importancia de "aumentar o uso da Internet nos colectivos que sofren exclusión dixital".

Á súa vez, Luís Caparrós quixo manifestar a importancia de que a Universidade non se identifique só coa cidade da Coruña, senón cun contorno máis amplo, coa descentralización de actividades como ‘Traballando en lingua’, que supón "un enriquecemento mutuo", tanto para Carballo e o entorno da Costa da Morte como para o contorno académico. O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, pechou o acto agradecendo a oportunidade de que a vila poida ser a "receptora" desta iniciativa que vincula "as novas tecnoloxías e a normalización lingüística" á comarca e que serve para "impulsar novas estratexias para o galego".

Compartir: