EDUCACIÓN
A Escola Oficial de Idiomas de Carballo inclúe por primeira vez o alemán na súa oferta académica
Xoves 17 de xullo do 2008
Por outra banda, o ano que vén a Escola Oficial de Idiomas tamén disporá dunha maior flexibilidade de horarios, xa que, tamén por primeira vez, será posible ir a clase polas mañás, aínda que polo momento só no caso do inglés. Será nos niveis Básico 1 e 2, e Intermedio 1 deste idioma. Para o próximo curso, ademais, está previsto modificar o sistema de matrícula, xa que para todos os cursos e en todas as circunstancias, as inscricións efectuaranse no mes de setembro, período no que tamén se realizarán as probas de aptitude.
En todo caso, os horarios aínda están pendentes de ser validados de xeito definitivo pola Inspección Educativa, así que polo momento son só provisionais. Tamén pendente de confirmación está o prazo de matrícula. En principio, as anotacións poderían formalizarse entre o 1 de setembro e o 3 de outubro, dependendo do nivel dos aspirantes e de si son antigos ou novos alumnos. En todo caso, a proposta pode consultarse no taboleiro de anuncios do Pazo da Cultura, e tamén poden realizarse consultas no número de teléfono 981 704 300.