Inicio Carballo ao día Hemeroteca Realizados en Baldaio os traballos de derrubo do...

PRAIAS

Realizados en Baldaio os traballos de derrubo do bar situado na zona das Saíñas

Luns 21 de xullo do 2008

O edificio está emprazado preto da caseta dos socorristas do areal, e está sendo derrubado despois de varias conversacións dos donos con representantes do Goberno local. Con esta actuación, o Concello espera que mellore o entorno da praia de Baldaio, ademais de que cesen algúns actos vandálicos que se estaban producindo no entorno a causa desta construción, como a rotura de cristais e outras actuacións que prexudican aos usuarios da praia.

O Concelleiro de Praias, Benedito Viña, resalta que despois da eliminación deste edificio recupérase un novo espazo para os areais do municipio, dentro da política de actuacións que está desenvolvendo o Concello para manter en boas condicións as zonas de baño e areais de Carballo. Entre elas destacan a creación de novos aparcadoiros ou a dotación de novos servizos que contribúan a mellorar a seguridade das praias de Razo, Baldaio e Pedra do Sal.

Compartir: