XUNTA DE GOBERNO LOCAL
Finalizadas as obras da praza municipal de Ramil, da ampliación da Ponte da Casilla e de apertura de camiños en Baldaio
Luns 21 de xullo do 2008
No apartado de certificacións de obra, hai que destacar tamén dúas referentes á urbanización do polígono número 26, situado no entorno da rúa Perú. Tamén en materia de xestión urbanística, o goberno deu o visto bo definitivo a varios proxectos na capital municipal carballesa, como a urbanización do polígono SRAU-1 correspondente á creación dunha área residencial no entorno do polígono industrial de Bértoa e que afecta a unha superficie de 300.000 metros cadrados, dos que 143.000 serán edificables. Así mesmo, saíu adiante o proxecto de reparcelación do polígono urbano 34, situado no entorno das rúas Mirtos, Dalias e Orquídeas no barrio do San Cristovo. Por último, efectuouse a aprobación inicial dos estatutos e bases de actuación do polígono 3, situado na zona de Facenda.
No apartado de convenios, deuse conta do ‘Convenio de cooperación cultural entre a Xunta de Galicia e o Concello de Carballo para a realización do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT)’, asinado pola Conselleira de Cultura Ánxela Bugallo e que supón unha aportación de 18.000 euros. Por último, aprobouse o desenvolvemento da actividade ‘En vacacións móvete’ incluída no programa ‘Carballo Saudable’, que pretende incrementar a calidade de vida da poboación adoptando hábitos saudables e estilos de vida activa.