Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Concellaría de Medio Ambiente procede...

CAMPAÑA CONTRA O LUME

A Concellaría de Medio Ambiente procede á limpeza de terreos para a prevención de incendios forestais

Martes 22 de xullo do 2008

A Concellaría avisou aos propietarios dos terreos incluídos neste plan de actuación municipal para que efectuaran a execución voluntaria das tarefas de prevención contra incendios, entre as que se atopan a realización de rozas e a tala de árbores na franxa de protección, tal e como establece a Lei de Prevención e defensa contra incendios forestais.

Os afectados deberon efectuar os traballos nas faixas de especial protección ao longo do mes de xuño. Transcorrido largamente o prazo outorgado os propietarios para que asumiran eles mesmos as tarefas, a Concellaría de Medio Ambiente está agora realizando a execución subsidiaria destes traballos, de tal xeito que aos propietarios que non cumpriron co labor de limpeza correspóndelles o pago das costas que impliquen.

Os labores de limpeza por parte dos operarios do Concello carballés principiaron o pasado xoves 17 de xullo na parroquia costeira de Razo, seguíndolle Oza para continuar a vindeira semana nas parroquias de Ardaña, Rus, Noicela e Bértoa, e así ata rematar en todas as do municipio incluídas no plan de actuación municipal para a protección de núcleos rurais.

Compartir: