Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo convértese por unhas horas na...

RUTA DE AUTOMÓBILES APÓSTOLO 2008

Carballo convértese por unhas horas na sede dunha mostra itinerante de coches antigos

Xoves 24 de xullo do 2008

Arredor de 36 vehículos antigos de distintos modelos compoñen esta mostra, na que poden atoparse coches que van dende o ano 1916 ata o 1968. O público que se achegue poderá desfrutar de auténticas xoias coma o Ford T, o Dodge Brothers, o Essex Detroit, o Renault NN, o Rolls Royce Wraih, o Jaguar MK VI e VII, ou o Mercedes 220 Limosine. O Club Galego de Automóbiles Antigos está formado na súa maioría por persoas apaixonadas polos coches, algúns dos cales poden chegar a superar os 60.000 euros de prezo, sen contar cos gastos de restauración. Os protagonistas organizan cada ano esta peculiar ‘volta a Galicia’ con motivo do día dedicado á comunidade galega.

O programa remata o domingo coa ofrenda en Santiago, pero antes, e grazas ao afán aventureiro dos membros do Club, os veciños da Costa da Morte poderán ver estas pezas de enxeñería sobre catro rodas. En Carballo a cita é o xoves 24 entre as 20.00 e 22.00 horas na Praza do Concello e o venres 25 entre as 9.00 e 10.00 horas, cando os veciños poderán observar os vehículos por última vez antes de que partan cara a seguinte etapa.

Compartir: