Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Corporación aproba por unanimidade a...

SESIÓN PLENARIA DE XULLO

A Corporación aproba por unanimidade a adhesión do Concello de Carballo á Rede de municipios pola sustentabilidade

Martes 29 de xullo do 2008

O suplemento de crédito, creado coa incorporación do remanente de tesourería, permitirá financiar moitos gastos relacionados coa suba das tarifas enerxéticas e coa creación de novos proxectos técnicos. Precisamente a este último apartado destinaranse 280.000 euros; 161.000 euros servirán para financiar a travesía de Arnados-Razo; outros 150.000 financiarán arranxos en vías públicas; 100.000 euros invertiranse en enerxía eléctrica; 70.000 en gasto telefónico ou 120.000 no mantemento das piscinas cubertas municipais.

No que respecta ao Proxecto Fórum Carballo, o custo global da actuación é de 4.658.185 euros, dos que a Unión Europea, a través dos Fondos Feder, aporta 3.260.729. Os trámites para sacar adiante a iniciativa implican a modificación dos límites do gasto plurianual co obxectivo de axustarse ás esixencias europeas respecto da contía da inversión que debe realizarse en 2008 (1,4 millóns de euros), 2009 (2,6 millóns de euros) e 2010 (sobre 700.000 euros).

Por último, a sesión serviu para aprobar o ‘Proxecto básico e de execución de módulo de Vestiarios, peche e muros de contención en Campo de Fútbol’ -que suporá a creación destas instalacións no anexo das Eiroas- para poder optar ás axudas da Deputación da Coruña; e tamén unha modificación dos ‘Criterios para as segregacións en solo clasificado como núcleo rural’. Ademais, Carballo adheriuse ao Grupo de Acción Costeira da Costa da Morte -no seu Eixo 4- e o pleno aprobou a creación dun grupo municipal para a posta en marcha do servizo de ‘Comedor sobre rodas’.

Compartir: