Inicio Carballo ao día Hemeroteca Lipan & Company ‘traspasa fronteiras’ cun...

VERÁN CULTURAL

Lipan & Company ‘traspasa fronteiras’ cun espectáculo de maxia, luz, son e teatro na Praza do Concello

Venres 1 de agosto do 2008

Lipan Jr é a estrela dunha grande compañía de maxia na que tamén están presentes a coreógrafa Karen León, o actor Marquiños Miranda ou a actriz e modelo Stella Ignacio. Lipan Jr é o terceiro dunha saga de magos de prestixio. Arxentino establecido primeiro en Brasil e actualmente en Europa, destaca por presentar os seus números de forma orixinal, o que lle abriu as portas dos mellores escenarios do mundo.

Ao longo da súa carreira, a compañía ten realizado espectáculos moi variados, nunha continua evolución dende 1997. Tamén son invitados habitualmente a actuar en importantes convencións internacionais de maxia. ‘Traspasando fronteiras’ mestura as aparicións e desaparicións, as transformacións, a cartomaxia ou as levitacións. Mulleres cortadas polo medio, o número dos aros chinos ou o propio Lipan Jr atravesado por unha das súas asistentes: cativos e maiores poderán desfrutar con esta orixinal aposta.

Compartir: