VERÁN CULTURAL
A danza moderna chega a Carballo de man da compañía galega As Dríadas
Xoves 7 de agosto do 2008
As Dríadas é unha compañía de recente formación que naceu na Coruña co obxectivo de canalizar, a través dos movementos, os valores propios da xuventude. Esta agrupación leva percorridos numerosos puntos da xeografía galega para poder estender a súa fusión de estilos por todo o territorio. Tampouco é a primeira vez que visitan Carballo, xa que noutra ocasión teñen ofrecido unha mostra do seu traballo ante o público da vila.
O dinamismo será unha das claves dunha actuación na que é moi importante o contacto directo coa rúa e o público e a orixinalidade dos movementos. Esta actuación vén a completar o programa de danza moderna do Verán Cultural 2008, que a primeiros de xullo xa trouxo con grande éxito a actuación do Centro Coreográfico Galego, e que agora se centra nunha aposta máis xuvenil e espontánea.