Inicio Carballo ao día Hemeroteca Suiza e Carballo estreitan vencellos coa visita...

RECEPCIÓN NO CONCELLO

Suiza e Carballo estreitan vencellos coa visita da presidenta do Parlamento cantonal de Xenebra

Xoves 7 de agosto do 2008

Dolores Cruz -tamén coñecida como Loly Bolay polo seu apelido de casada- quixo expresar que "a emigración galega está moi ben vista en Xenebra", e que cada vez máis os galegos progresan con rapidez nas empresas nas que traballan. Boa parte da visita -na que tamén estaban presentes a Concelleira de Cultura, Belén Lendoiro; e a de Emigración, Lourdes Rey- serviu tamén para abondar nos distintos modelos de xestión de Galicia ou Suiza, e tamén nas igualdades de ambos territorios. Xurdiron, así mesmo, datos ilustrativos, como que o Parlamento de Xenebra conta con 100 deputados, ou que a poboación deste cantón é de 440.000 habitantes repartidos en 45 concellos.

En definitiva, a visita, de case unha hora de duración, serviu para que as dúas partes se coñecesen mellor, abordando temas como a distribución orzamentaria, os problemas das institucións educativas, o funcionamento da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), ou a atención aos maiores e o desenvolvemento dos servizos sociais. Mención especial houbo cara ao servizo de limpeza viaria que realiza Aspaber en Carballo, asunto que chamou especialmente a atención de Dolores Cruz. Ao fin da cita, ámbalas dúas partes manifestaron a súa intención de seguir mantendo novos encontros no futuro.

Compartir: