Inicio Carballo ao día Hemeroteca O goberno aproba unhas contas de 26,7...

SESIÓN PLENARIA

O goberno aproba unhas contas de 26,7 millóns de euros, as máis elevadas da historia do Concello

Martes 27 de xaneiro do 2009

A sesión plenaria, con ata 14 puntos na orde do día, durou ata pasadas as doce da noite, polo que non puido rematarse co debate de tódolos asuntos. Así, está previsto celebrar un pleno extraordario -no que tamén se realizará o sorteo das mesas electorais do municipio para os próximos comicios do 1 de marzo- para poder debater unha moción do grupo do PP sobre a promoción do parque empresarial de Bértoa, así como para abordar os rogos e preguntas, temas que tiveron que quedar no tinteiro debido á longa duración da sesión. A cita é o luns 2 de febreiro ás 20.30 horas.

En todo caso, durante o pleno recibiu o visto bo o traslado provisional dos postos do mercado municipal de abastos, o que supón o peche do primeiro andar do edificio. Os catro concesionarios que permanecían no piso superior pasarán a ocupar os locais exteriores que estean baleiros. Así mesmo, aprobáronse as bolsas de estudo e transporte para o curso 2008/09 e o expediente para a expropiación forzosa dos terreos necesarios para a construción de sendas estacións depuradoras en Ardaña e Baldaio.

Compartir: