Inicio Carballo ao día Hemeroteca O complexo da Casa dos Oficios do barrio da...

VENRES 30 DE XANEIRO ÁS 12.00 HORAS

O complexo da Casa dos Oficios do barrio da Milagrosa acolle a presentación do Proxecto Fórum

Mércores 28 de xaneiro do 2009

O plan recolle -ademais do remate do complexo da Casa dos Oficios- medidas de carácter ambiental e urbanístico, así como políticas de igualdade de oportunidades e implantación das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC's). O Fórum Carballo fomentará a participación social, co obxectivo de proporcionar un espazo de encontro no que se dean cita o sector produtivo, emprendedor, formador, os consumidores ou calquera axente implicado no progreso da comarca. Ademais das instalacións situadas en Carballo, o Fórum contará un espazo virtual para crear o primeiro campus on-line da Costa da Morte que facilitará o acceso a Internet para todos os públicos.

Ao acto de presentación están invitados tódolos representantes do tecido empresarial e produtivo do Concello e da comarca, pero tamén tódolos veciños e veciñas de Carballo, e especialmente do barrio da Milagrosa, xa que un dos obxectivos do Fórum é a dinamización deste ámbito. Está previsto que abra o acto o Tenente de Alcalde e Concelleiro de Urbanismo de Carballo, José Antonio Viña, que falará sobre as 'Estratexias no desenvolvemento socioeconómico con criterios de sustentabilidade'. O acto contará coa presenza do Director Xeral de Formación e Colocación, Pastor Fuenteseca Díaz, e pechará a presentación o Alcalde, Evencio Ferrero, que falará sobre 'Carballo: unha cidade en crecemento sostible'. Os interesados e interesadas poden descargar o programa do acto nesta mesma nova, na marxe superior dereita.

Compartir: