Inicio Carballo ao día Hemeroteca O teatro de Santiago e os monicreques de Albacete...

VENRES 30 DE XANEIRO E DOMINGO 1 DE FEBREIRO

O teatro de Santiago e os monicreques de Albacete enchen a programación dos Venres Culturais

Xoves 29 de xaneiro do 2009

'Hendaya mon amour' céntrase no encontro producido o 23 de outubro de 1940, no punto límite entre as conquistas militares do III Aich e España, entre dous ditadores: Adolfo the Hit 'Fito' o Füror e Francisco Frango 'Paco', o Claudillo de España. A obra conta unha historia na que o amor acaba co fascismo en clave de comedia musical. A través do twist, a copla, o pop, o hip hop ou a balada romántica, 'Hendaya mon amour' retrata unha sarcástica e despiadada historia moi preto do cabaré de entreguerras.

Máis alonxada do público adulto, a proposta do ciclo 'En familia' céntrase nun clásico, aínda que nunha nova versión. Qué pasaría se Romeo e Xulieta fosen dous nenos, fillos de emigrantes? E se en lugar de Capuletos e Montescos a disputa fose entre culturas tan diferentes como a nixeriana e a ecuatoriana? Este é o punto de partida do espectáculo de La tirita de teatro, que fala de emigración, integración e de sentimentos de respecto cara aos demais.

As entradas, para os que non teñan bono, custan 3,5 euros (2,5 e 2 euros, respectivamente, con desconto para estudantes con carné de estudante, maiores de 65 anos e menores de 12). Os tickets tamén poden mercarse dende dúas horas antes do comezo da función na taquilla do Pazo da Cultura. As reservas poden formalizarse no 981 704 300 ou nas oficinas da Concellaría de Cultura dende 15 días antes da celebración dos espectáculos (máximo 4 entradas por persoa). Para máis información sobre os bonos, premer aquí.

Compartir: