Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aprobado un convenio de colaboración entre...

IGUALDADE E BENESTAR

Aprobado un convenio de colaboración entre o Concello e Mulleralia para a xestión do Banco de Tempo Municipal

Martes 3 de febreiro do 2009

Os Bancos de Tempo son sistemas de intercambio de labores comunitarios relacionados coa conciliación da vida persoal, familiar e laboral xestionados polos concellos. Mediante unha base de datos conéctase ás persoas inscritas como demandantes dese tipo de labores con aqueles inscritos como dispoñibles para realizar algún destes servizos e que forman parte das denominadas redes comunitarias de apoio á conciliación. Así, o obxectivo e poder facer compatible a vida laboral e familiar. Deste xeito é posible, por exemplo, recibir clases de inglés a cambio ofrecer clases de cociña sen que exista ningún intercambio monetario, senón do tempo dispoñible.

A asociación Mulleraria naceu en Carballo hai pouco máis de dous anos como unha entidade sen ánimo de lucro que persegue a integración das mulleres con clara desvantaxe social e leva a cabo actividades de orientación e formación laboral, de asesoramento e apoio ao autoemprego, de asistencia social e de sensibilización pola igualdade de oportunidades. Recentemente, a asociación integrouse na Rede Galega de Acompañamento ás Vítimas de Violencia de Xénero para desenvolver en Carballo o programa autonómico Rodela desenvolvido pola Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.

Compartir: