Inicio Carballo ao día Hemeroteca Hendrik Röver, voz e motor de Los Deltonos,...

VENRES CULTURAIS

Hendrik Röver, voz e motor de Los Deltonos, abre o ciclo Docespop no Pazo da Cultura

Venres 6 de febreiro do 2009

Neste traballo navega de forma sutil entre o country e o folk americano e asume o reto de acompañarse de guitarra acústica coa pretensión de espir a súas cancións e de centrarse na historia e nas sensacións. Cancións de trens, traizóns, camaradas, volver á casa, resacas varias e decisións demasiado tempo aprazadas. O líder de Los Deltonos xa tiña feito con anterioridades escapadas en solitario baixo o pseudónimo de Hank, co que tiña gravado un par de discos de power pop, pero agora afronta unha aposta máis crúa e con maior sinxeleza.

Ademais de facer 'Esqueletos', Hendrik Röver está preparando un próximo LP con Los Deltonos, fai versións de Steve Earle no seu sitio de myspace e aceptou o reto de ter composto e gravado un disco nun mes. O prezo da entrada para o concerto en Carballo é de 3 euros, de 2 euros con desconto. Para reservar as entradas, os interesados e interesadas aínda poden chamar ao teléfono 981 704 300 ou adquirilas o mesmo día do concerto na taquilla do Pazo da Cultura de 19.00 horas a 21.00 horas.

Compartir: