Inicio Carballo ao día Hemeroteca Fallado o XI Certame Fotográfico...

CULTURA

Fallado o XI Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís, que reparte 1.850 euros en premios

Venres 6 de febreiro do 2009

Co Premio Especial Carballo, dotado con 450 euros e diploma, foi recoñecida a fotografía que leva por título 'Soños de infancia', presentada por José Javier Cedrón García. O xurado tamén decidiu outorgar dous accésits, dotados con 125 euros de premio cada un. Por unha banda resultou premiada a fotografía que leva por título 'Baile de máscaras 3' presentada por Paula González López; e por outra a fotografía que leva por título 'Soidade', presentada por Marcos Rodríguez Cotelo.

O próximo mércores 11 de febreiro inaugurarase a exposición deste XI Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís. A cita é as 20:30 horas no terceiro andar do Pazo da Cultura. Á inauguración asistirán o Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, a Concelleira de Cultura, Belén Lendoiro, así como os membros do xurado e os gañadores desta edición, aos que se lles fará entrega dos premios.

Este ano o xurado estivo composto por Belén Lendoiro Esmorís, como Concelleira de Cultura; María Fuentes Cotelo, en representación da Asociación Cultural Arume; Henrique Hortas López, profesor da Escola de Imaxe e Son de A Coruña; Paul Simon Preece fotógrafo e gañador da X edición do certame; e Ánxeles Novas Fernández, arquitecta e profesora de debuxo do IES Alfredo Brañas.

Compartir: