Inicio Carballo ao día Hemeroteca Augas de Galicia desenvolve actuacións no...

MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE

Augas de Galicia desenvolve actuacións no municipio por preto de nove millóns de euros

Martes 10 de febreiro do 2009

En total, son proxectos por 8,9 millóns de euros que se están desenvolvendo no período 2007-2011 e que suporán a creación de dúas novas Estacións Depuradoras de Augas Residuais (EDAR) en Baldaio e Ardaña, a dotación de saneamentos en Razo, de abastecemento de auga en Baldaio e de colectores xerais en Ardaña e Baldaio. Por outra banda, está previsto derrubar un edificio de 10 vivendas na rúa Sol cun orzamento de 109.169 euros. Mediante a execución destes últimos traballos, o Concello carballés pretende ampliar o aproveitamento da zona da ribeira do río Anllóns, que nalgúns puntos da capital municipal está invadida por bens inmobles.

Jorge Antonio Santiso Blanco tamén manifestou a intención da Consellería de Medio Ambiente de emprender no Concello medidas para mellorar a xestión dos residuos sólidos urbanos, insistindo en iniciativas como a compostaxe doméstica e outros proxectos con garantía de continuidade. O Tenente de Alcalde, José Antonio Viña, e o Alcalde, Evencio Ferrero, manifestaron a súa intención de seguir traballando con Medio Ambiente e agradeceron a colaboración do departamento autonómico. Por último, acompañaron aos representantes da Xunta nunha visita polas obras de saneamentos en Razo e tamén pola Lagoa.

Compartir: