Inicio Carballo ao día Hemeroteca As rúas Río Sar e Santa Eufemia da...

TRÁFICO

As rúas Río Sar e Santa Eufemia da capital municipal pasarán a ser de sentido único

Luns 16 de febreiro do 2009

No caso da rúa Santa Eufemia, a Concellaría de Tráfico espera, coa supresión dun dos carrís da circulación, facilitar o paso dos vehículos, xa que a calzada é demasiado estreita para que pasen dous coches a un tempo. Tamén esperan mellorar a fluidez da circulación na rúa Río Sar, así como incrementar a seguridade viaria nestes dous puntos da capital municipal. Nestes momentos xa está colocada a sinalización correspondente, tanto de dirección prohibida como de prohibido xirar á dereita ou á esquerda, segundo os casos. Poren, as sinais non serán efectivas ata o mércores.

Por outra banda, e así mesmo no entorno da rúa Santa Eufemia, prohibirase o paso de camións de máis de dez toneladas dende a Avenida de Bértoa directamente á rúa Alfonso X O Sabio. Estes vehículos deberán circular pola rúa Andrés Gaos no caso de querer acceder á zona do Chorís ou da Vila de Negreira. O motivo é a presenza dun edificio na esquina coa Alfonso X que impide que os camións de grande tonelaxe poidan xirar. Así mesmo, no entorno da rúa Sar, para facilitar a circulación está previsto prohibir o aparcamento nunha das dúas marxes da rúa Mandeo. Todas estas actuacións están enmarcadas dentro do Plan de Tráfico que desenvolve o goberno local.

Compartir: