Inicio Carballo ao día Hemeroteca Os veciños e veciñas xa poden...

BENESTAR

Os veciños e veciñas xa poden dispoñer do servizo público de transporte adaptado do 065

Martes 17 de febreiro do 2009

O vehículo do 065, que conta cun monitor especializado, pode empregarse para acudir a consultas ou tratamentos do sistema sanitario cando o desprazamento non sexa competencia do devandito sistema; para efectuar traslados a/ou desde as residencias, centros de día ou a outros centros sociais do Sistema Galego de Benestar ou de carácter privado; para trasladarse para a realización de actividades básicas da vida diaria que favorezan a autonomía e o desenvolvemento persoal; para a realización de actividades de carácter formativo e educativo.

É importante sinalar que antes de empregar o servizo, a persoa interesada debe presentar a súa solicitude na Delegación na Coruña da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar para así adquirir a condición de usuario/a do servizo. Unha vez resolta favorablemente a solicitude, a persoa beneficiaria poderá facer uso do mesmo en calquera momento, chamando ao número de teléfono 902 222 065 e cunha antelación de 48 horas, xa que se trata dun servizo non urxente.

Compartir: