Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Pazo da Cultura acolle a proxección de...

EDUCACIÓN: ESCOLAS UNITARIAS

O Pazo da Cultura acolle a proxección de 'A outra escola', unha película documental rodada no CRA Ponte da Pedra

Mércores 18 de febreiro do 2009

O filme -rodado en cor en 2005- ten unha duración de 54 minutos e parte da premisa de que o paso da casa á escola pode ser un cambio traumático. O seguimento dos nenos e nenas fíxose non só no CRA Ponte da Pedra, senón tamén no do Concello de Teo, en escolas rurais onde se intenta minimizar o posible efecto do cambio pola proximidade á casa, polos compañeiros que son os amigos de xogo da rúa e pola atención personalizada do mestre ao contar cun número de alumnos inferior ao habitual.

Ao longo do documental, pode observarse o método pedagóxico empregado por estes centros, que consiste en facer que a escola se acomode ao neno e non o en que o neno se acomode á escola. Neste contexto, os responsables da película defenden que cando se pecha a escola rural estase pechando case a propia aldea. 'A outra escola' está baseada nunha idea e guión orixinal de Pilar Faxil e Helena Villares e está dirixida por Helena Villares.

Compartir: