Inicio Carballo ao día Hemeroteca O programa do Antroido carballés principia...

CULTURA

O programa do Antroido carballés principia co 'Lume', os trasnos e meigas de Troula Animación

Venres 20 de febreiro do 2009

Poren, o Antroido sempre está encamiñado ao desfrute dos máis cativos e cativas, que poden elaborar diferentes elementos para disfrazarse nos obradoiros que teñen lugar na Ludoteca Municipal a partir das 18.00 horas, tamén o venres 20. A partires das 19.30 horas comeza a ambientación musical das rúas de Carballo coa actuación da Charanga Os Chinchorros que achegará a música festiva ata pasada a medianoite. Así mesmo, o sábado 21 de febreiro os nenos e nenas teñen a súa propia festa de disfraces con música, animadores, xogos, cancións e baile. Ten lugar na Praza do Concello ás 17.30 horas e a asistencia é gratuíta. As rúas de Carballo estarán amenizadas coa música da Charanga Os Chinchorros, a partir das 18.00 horas.

O prato forte é o domingo 22 a partir das 18.00 horas co Concurso de disfraces, comparsas e carrozas, para o que sigue aberto o prazo de inscrición e que xa conta con 25 grupos anotados. Os que aínda queiran participar poden inscribirse ata o 20 de febreiro para as modalidades de comparsas e carrozas, e ata o día 22 de febreiro ás 17.00 horas nas modalidades de grupos, parellas e individual tanto en categoría adulto como infantil. Tamén está aberto o prazo de inscrición do Enterro da sardiña, que se celebrará o martes 24 de febreiro a partir das 21.30 horas. Os interesados e interesadas en saber máis detalles sobre as inscricións, poden premer aquí.

Compartir: