Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello de Carballo organiza o Feirón...

PROMOCIÓN ECONÓMICA

O Concello de Carballo organiza o Feirón de Primavera coa colaboración do Centro Comercial Aberto

Venres 20 de febreiro do 2009

Nesta iniciativa, ademais dos asociados ao CCA, daráselles cabida a establecementos non integrados nesta asociación que estean interesados en participar. Todos os comerciantes que queiran reservar espazo na feira ou recibir máis información poden dirixirse ao Centro Comercial Aberto Carballo, tanto na súa sede da rúa Fomento 21-23, 1º, como telefonicamente no 981 701 613 ou por correo electrónico en: info@ccacarballo.com. No referente á carpa de Merca-do bo nesta edición do Feirón de Primavera prestarase unha especial atención aos productos da zona con denominación de orixe e ao fomento do cooperativismo.

O Feirón de Primavera será a terceira edición dos 'feiróns de tempada', unha iniciativa posta en marcha pola Concellaría de Promoción Económica en agosto do pasado ano coa celebración do Feirón de Verán 08. O obxectivo deste programa é a dinamización das feiras e mercados de Carballo, así como o apoio ao comercio e a hostalería local.

Compartir: