Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Escola de Idiomas organiza unha...

CULTURA

A Escola de Idiomas organiza unha representación teatral de contos e música en francés

Mércores 25 de febreiro do 2009

L’Herbe d’Or está formada por un conxunto de artistas de diversas disciplinas, músicos, contacontos e actores, que empezou a súa andadura en Francia en 1996. O seu nome vén da tradición bretona, na que esta herba é unha planta que ten o poder de facer que quen o desexe poida entrar no mundo do mortos e voltar con vida. Dende os seus principios, L’Herbe d’Or actuou en España, onde leva máis de 300 representacións. Un dos principais obxectivos desta asociación e grupo teatral é a difusión do espectáculo vivo e defende a profesión ao servizo da convivencia e o encontro.

A obra levarase a cabo grazas á colaboración do Concello de Carballo coa Escola de Idiomas e cos Institutos de Educación Secundaria: IES Alfredo Brañas, IES Monte Neme e IES Parga Pondal. Ademais da representación na noite do luns, a asociación L’Herbe d’Or tamén realizará unha representación pola maña do luns 2 de marzo, dirixida aos alumnos dos institutos ás 11.00 horas. Os interesados en saber máis desta entidade, poden consultar a súa páxina web premendo aquí.

Compartir: