Inicio Carballo ao día Hemeroteca Os 'Náufragos' de Teatro Galileo...

A CITA É O VENRES 27 ÁS 21.00 HORAS

Os 'Náufragos' de Teatro Galileo retoman a programación dos Venres Culturais

Venres 27 de febreiro do 2009

'Náufragos' é un espectáculo con recoñecido éxito internacional do autor francés contemporáneo André Roussi. A crítica francesa a considera unha xoia do teatro contemporáneo que aborda temas coma a amizade, a sinceridade, o amor e a liberdade individual. Trátase dunha comedia cargada de humor e ironía que abre a esencia das paixóns humanas e a realidade actual das relacións sentimentais. A obra está interpretada por César Cambeiro (Martiño), Ana Santos (Susana), Paco Campos (Felipe) e Raúl Varo (Nativo).

A compañía Teatro Galileo fundouse no ano 1991 e leva realizado 18 espectáculos con especial atención aos clásicos, sempre baixo dirección artística de Pedro Rubín. Entre as súas montaxes destacan 'A esperar por Godot' de Beckett ou 'Caprichos de Cervantes', así coma obras de Molière ou Goldoni. As entradas para asistir ao espectáculo custan 3,50 euros para o prezo ordinario e 2,50 euros de prezo especial con desconto.

Compartir: