Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello de Carballo únese ao Día...

MEDIO AMBIENTE

O Concello de Carballo únese ao Día Mundial da Eficiencia Enerxética fomentando boas prácticas entre a cidadanía

Luns 2 de marzo do 2009

O Concello realiza unha campaña na que se recomendan 16 accións moi sinxelas que, a longo prazo, contribúen ao aforro. Algúns deles son, por exemplo, cambiar as lámpadas convencionais por outras de baixo consumo, o que supón un aforro do 80 por cento do gasto; non deixar enchufado o cargador do móbil, porque desperdicia o 95 por cento da enerxía necesaria para cargar o teléfono; cociñas con microondas para aforrar tempo e enerxía; aproveitar ao máximo a luz solar ou apagar tódolos aparellos eléctricos cando non se estean empregando, xa que o modo 'standby' consume electricidade.

Outras recomendacións son o emprego de ciclos de frío na lavadora e no lavalouzas; baixar un grao centígrado da calefacción -que supón un aforro dun 10 por cento na factura-; pechar a billa da auga mentres se lavan os dentes ou durante o afeitado; ducharse en lugar de bañarse; moderar a velocidade á hora de conducir, o que reduce notablemente as emisións de dióxido de carbono; ou desconxelar os alimentos no refrixerador. Na marxe superior dereita desta mesma nova, os interesados e interesadas poden examinar as recomendacións da campaña.

Compartir: