Inicio Carballo ao día Hemeroteca Adxudicadas de xeito definitivo redes de...

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Adxudicadas de xeito definitivo redes de saneamento en Cances e Sofán por un importe de 120.000 euros

Martes 3 de marzo do 2009

Así mesmo, a Xunta de Goberno deu luz verde á adxudicación definitiva do 'Subministro de pavimento de caucho en zonas de xogos infantís' a Galopín Parques SL, empresa situada en Cerceda. O prezo da adxudicación é de 21.973 euros. A entrega so subministro, en perfecto uso, realizarase nun prazo máximo de doce días a partires da notificación da adxudicación definitiva. No apartado de contratacións, tamén se aprobou o subministro de cinco copiadoras para as oficinas municipais do Concello por un prazo de catro anos.

Por último, no que respecta aos convenios, a Xunta de Goberno aprobou dous entre a Universidade Nacional a Distancia (UNED) e o Concello de Carballo. Así, os acordos establecen programas de cooperación educativa polos que estudantes da UNED poderán complementar a súa formación teórica coa formación práctica que require o desenvolvemento de actividades profesionais, que neste caso realizaranse no Concello carballés. Á súa vez, a administración local supervisará a realización destas prácticas.

Compartir: