Inicio Carballo ao día Hemeroteca Os alumnos da Escola Obradoiro principian os...

UNHA DELEGACIÓN DO CONCELLO DE ARES VISITOU O CENTRO DE FORMACIÓN

Os alumnos da Escola Obradoiro principian os traballos para crear un parque no entorno do colexio Bergantiños

Xoves 5 de marzo do 2009

Do labor desta Escola Obradoiro e das anteriores iniciativas que se teñen desenvolvido no Concello beneficiaranse os responsables do obradoiro de emprego de Ares. O Concelleiro de Obras e Servizos desta vila, José Ferreiro Montenegro, e o director da escola obradoiro de Ares, José Manuel Castro, visitaron o Centro de Formación para "aprender de quen leva nesto moito máis tempo que nós", en verbas de Ferreiro, xa que se trata da primeira actividade formativa para Ares. Os visitantes percorreron o Centro de Formación -observando traballos como a creación das fiestras de aluminio para a Casa dos Oficios-, o Pazo da Cultura, o parque do Anllóns e o complexo da Milagrosa da Casa dos Oficios, todas obras realizadas a través de actividades formativas.

O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, o Tenente de Alcalde, José Antonio Viña, a Concelleira de Formación, María Manso, e o director do Centro de Formación, Juan Lorenzo, intercambiaron experiencias e información cos seus homólogos de Ares, que pretenden crear un paseo peonil ademais de reformar o mosteiro de Santa Catalina, do século XV. O Alcalde quixo subliñar que esta visita serve como "aprendizaxe mutua" e que posiblemente os alumnos da escola obradoiro carballesa poidan visitar Ares e observar de primeira man o traballo dos seus compañeiros, e viceversa.

Compartir: