Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello de Carballo e Axober organizan un...

PROMOCIÓN ECONÓMICA

O Concello de Carballo e Axober organizan un seminario para facilitar o acceso dos empresarios á obra pública

Venres 6 de marzo do 2009

Este seminario celébrase o xoves 12 de marzo de 19.00 a 21.00 horas no salón de actos do Pazo da Cultura. Trátase dunha actividade de balde, aberta a tódalas empresas do municipio carballés e da comarca, sexan ou non integrantes de Axober. Os temas que se abordarán son dous principais. A primeira charla será impartida por Francisco Fernández Soto, Licenciado en Ciencias Económicas, que tratará sobre as condicións para contratar co sector público, como a solvencia empresarial, económica e técnica ou os elementos básicos da clasificación para o sector público.

A segunda ponencia correrá a cargo de Juan Bautista Suárez, Interventor adxunto da Deputación da Coruña. Falará sobre os principios dos contratos co sector público, como as garantías, os procedementos ou a execución dos devanditos contratos. As inscricións para a realización deste seminario poden realizarse na sede de Axober na rúa Fomento número 21 da capital municipal carballesa. O Alcalde, Evencio Ferrero, subliña que esta actuación é "fundamental" dentro da vontade do Concello de favorecer a creación de riqueza e emprego.

Compartir: